Vigo conta co maior porto pesqueiro de Europa e, obviamente, isto repercute na actividade empresarial e económica da cidade. A actividade pesqueira é un dos motores de Vigo. Só a través do seu porto créanse máis de 6.000 postos de traballo directos e a facturación anual das 357 empresas pesqueiras da cidade ascende a máis de 3.000 millóns de euros ó ano.
Ademais, o sector naval tamén desempeña un papel fundamental na localidade. Con grandes estaleiros dedicados á construción de buques, a industria naval representa outra das principais fontes de riqueza desta cidade.
Ao estarmos radicados en Vigo, desde Nartran levamos anos especializándonos na tradución e interpretación para os sectores marítimo, pesqueiro e naval. Contamos con grandes profesionais con anos de experiencia na tradución de todo tipo de documentos relacionados coa pesca, o mar, a construción naval e todo aquilo relacionado co ámbito marítimo-pesqueiro. Tamén contamos con intérpretes cunha extensa bagaxe en numerosas conferencias, obradoiros, feiras e eventos organizados sobre estes campos, non só en Galicia, senón en todo o mundo.
A documentación xerada arredor dos sectores marítimo, pesqueiro e naval é múltiple e de natureza moi variada. Así, abrangue desde a tradución xurada de documentos oficiais, tales como rexistros e especificacións de buques, contratos de compra-venda, coñecementos de embarque, cartas de transporte, contratos de fretaxe ou documentos aduaneiros, ata a tradución non xurada de textos científico-técnicos, comerciais, publicitarios, divulgativos ou, incluso, de páxinas web.
Ao tratarse dun tipo de tradución que esixe un nivel de especialización moi elevado, en Nartran contamos, unicamente, con tradutores con ampla formación e experiencia neste campo para garantir resultados de calidade en calquera idioma ou combinación lingüística.
Son numerosas as conferencias, feiras, obradoiros, reunións e eventos relacionados co sector pesqueiro que se celebran cada día. Tratándose dun sector tan internacional, a necesidade dun intérprete de conferencias, tradutor simultáneo, intérprete de enlace ou tradutor ou intérprete de consecutiva está á orde do día. Con todo, a especialización e os coñecementos sobre a industria por parte do dito tradutor ou intérprete son clave para que poida fluír a comunicación.
Así, en NARTRAN seleccionamos os mellores intérpretes de inglés, español, francés, italiano, alemán, portugués e ruso para interpretar e traducir en calquera tipo de evento.