En Nartran Translations contamos cun grande equipo de profesionais e estamos especializados en tradución, interpretación e na prestación de servizos lingüísticos para particulares e empresas.

Pida o seu orzamento sen compromiso:

986 120 127
699 590 270
emg@nartran.com

Servizos de interpretación

A interpretación é unha tradución oral na que o intérprete dá a coñecer a información que o intérprete está a dar nunha linguaxe diferente á dos oíntes.

 

A interpretación utilízase en conferencias, congresos, reunións, actos, xuízos, etc.

 

Entre os distintos tipos de interpretación destacan os seguintes:

 

Tipos de interpretación

Interpretación simultánea

Na interpretación simultánea, o intérprete traduce o discurso dende unha cabina segundo o escoita, de modo que o público asistente poida seguir o contido da intervención simultaneamente grazas a uns cascos.

 

En numerosas ocasións, confúndese a tradución coa interpretación. A tradución consiste en expresar noutra lingua o que está escrito e é realizada por un tradutor; mentres que a interpretación é a tradución de mensaxes emitidos de forma oral e é realizada por un intérprete.

 

Esta confusión leva a que, moitas veces, à interpretación simultánea se lle chame tradución simultánea.

 

Adoita utilizarse en congresos, relatorios, conferencias, actos institucionais, cerimonias, etc.

Interpretación simultánea remota

A interpretación simultánea remota, tamén coñecida como ISR, tradución simultánea remota, interpretación offsite ou interpretación a distancia, é a alternativa online a aquela utilizada nas reunións presenciais nas que é necesario traducir o seu contido. Utilízase para aquelas reunións ou eventos que non poden celebrarse nun lugar físico, senón online, a través de Internet.

 

Na interpretación simultánea remota, os oradores, os asistentes e os intérpretes encóntranse en distintos lugares, normalmente nas súas casas ou oficinas, e o evento organízase a través dunha plataforma como Zoom. Só con conectarse a internet, cada un dos participantes pode asistir ao evento e, con facer clic nun botón, pode escoitar a tradución no idioma desexado.

 

Utilízase para conferencias, eventos, presentacións, cursos, obradoiros, reunións, seminarios, mesas redondas, etc.

Interpretación consecutiva

Na interpretación consecutiva, o intérprete traduce o discurso do orador por partes nos descansos que o falante fai para iso; é dicir, o orador fai pequenos descansos cada 2-4 frases durante o seu discurso que son aproveitados polo intérprete para traducir o que o orador acaba de dicir.

 

En numerosas ocasións, confúndese a tradución coa interpretación. A tradución consiste en expresar noutra lingua o que está escrito e é realizada por un tradutor; mentres que a interpretación é a tradución de mensaxes emitidos de forma oral e é realizada por un intérprete.

 

Esta confusión leva a que, moitas veces, à interpretación consecutiva se lle chame tradución consecutiva.

 

Este tipo de interpretación é propio de entrevistas, reunións, presentacións, roldas de prensa, xuízos (interpretación xurada), etc.

Interpretación xurada

A interpretación xurada é un servizo de interpretación oficial desempeñado por un intérprete xurado acreditado pola Xunta de Galicia e que se presta normalmente nos ámbitos xudicial, sanitario ou educativo.

Interpretación de enlace (Acompañamento)

Neste tipo de interpretación, o intérprete acompaña ó cliente a eventos como feiras e actos culturais, así como durante visitas guiadas visitas a fábricas, turismo en cidades, comidas formais, negocios, etc., nas que se fala un idioma que o cliente non domina.

Interpretación murmurada (Chuchotage)

Na interpretación murmurada ou «chuchotage», o intérprete traduce o discurso dun idioma que a maioría das persoas reunidas entende.

 

O orador e os participantes falarán de modo normal, sen ningún tipo de descanso e o intérprete traducirá ó seu cliente en voz baixa, é dicir, murmurando, o que se diga na reunión. Cando sexa preciso tamén traducirá ó resto das persoas reunidas o que diga o seu cliente.

 

Este tipo de interpretación adoita utilizarse en reunións, conferencias ou actos nos que o idioma do cliente é diferente ó da maioría dos asistentes.

Servizos de tradución
Contacto