En Nartran Translations contamos cun grande equipo de profesionais e estamos especializados en tradución, interpretación e na prestación de servizos lingüísticos para particulares e empresas.

Pida o seu orzamento sen compromiso:

986 120 127
699 590 270
emg@nartran.com

NARTRAN Translations

Cursos de formación

Ademais de servizos de tradución e interpretación de alta calidade, en Nartran Translations tamén ofrecemos cursos de formación especializados en linguas estranxeiras destinados tanto a particulares coma a empresas. Para tal fin, contamos cun equipo docente de recoñecido prestixio con gran formación e ampla experiencia que guiará ao alumno de maneira individualizada ao longo de tódalas fases do seu proceso de aprendizaxe.

A través dun enfoque eminentemente práctico e dinámico, o noso profesorado adaptarase ao estilo de aprendizaxe do alumnado aplicando a metodoloxía máis adecuada en cada caso. Todo iso, co fin de avanzar de forma segura na construción do coñecemento e de conseguir resultados visibles no menor tempo posible, independentemente do obxectivo que se persiga e do nivel de idioma inicial que posúa o alumno.

 

Así, os nosos cursos de formación caracterízanse pola súa grande flexibilidade, ao adaptar os contidos ás necesidades específicas e ao axustarse á dispoñibilidade horaria dos nosos alumnos. As clases impartiranse de maneira individual ou en grupos reducidos, así como na modalidade presencial no noso centro ou a distancia a través do uso de ferramentas online, como Skype ou Zoom.

 

A continuación, pode consultar a información de cada un dos cursos segundo o perfil do alumnado:

Cursos de formación

Formación especializada para tradutores e intérpretes

Á vista da necesidade de actualización constante e formación permanente que experimentan tanto os profesionais e estudantes de tradución e interpretación coma outros sectores da poboación, deseñamos e programamos diferentes cursos xerais e especializados destinados a cubrir estes obxectivos.

 

Se estás estudando Tradución e Interpretación ou acabas de graduarte e desexas ampliar a túa formación ou especializarte, estamos aquí para axudarte. Non dubides en poñerte en contacto con nós se tes algunha necesidade en especial. Podemos adaptar os nosos cursos ás túas necesidades.

 

  • Toma de notas en consecutiva
    Tanto na interpretación consecutiva coma na de enlace, a toma de notas é fundamental. Axudámoste a analizar en detalle a túa toma de notas, aprendendo nocións básicas para que poidas iniciarte ou estudando a túa técnica e símbolos para mellorala.

 

  • Tradución xurídica especializada I: Introdución teórica EN<>ES
    Introdución á tradución xurídica especializada. Analizamos os diferentes tipos de textos cos que se pode encontrar un tradutor xurídico desde un punto de vista teórico para despois poder abordalos na práctica.

 

  • Tradución xurídica especializada: Práctica I EN<>ES – Documentos relacionados con Educación e Dereito Civil
    Curso práctico no que se abordan diferentes tipos de certificados académicos, así como os documentos máis traducidos no ámbito civil (acta de nacemento, certificado de defunción, certificado de matrimonio, etc.). Analizaremos documentos reais de diferentes países e realizaremos a súa tradución tanto de español a inglés coma de inglés a español.

 

  • Tradución xurídica especializada: Práctica II EN<>ES – Documentos notariais I
    Curso práctico no que traduciremos diferentes tipos de documentos notariais, como poderes notariais, actas, escrituras de compravenda, etc. Analizaremos documentos reais de diferentes países e realizaremos a súa tradución tanto de español a inglés coma de inglés a español.

Clases de idiomas para particulares (individuais)

Queres mellorar o teu inglés? Apetéceche aprender italiano? Necesitas reforzo co teu francés? Ou tes que presentarte a un exame de portugués?

 

Escríbenos ou chámanos para contarnos que é o que necesitas e buscaremos o mellor profesor para o teu caso específico.

Clases de idiomas para empresas e altos directivos

Entre os nosos servizos lingüísticos, tamén poderá encontrar clases de idiomas para empresas e altos directivos. Conscientes da complexidade das axendas dos altos cargos, adaptámonos ás súas necesidades con clases presenciais e online (Skype ou Zoom) e grande flexibilidade de horarios.

 

Chámanos para obter máis información e estudar o teu caso concreto.

Contacto