Do mesmo xeito que Vigo é inseparable do seu porto, os seus estaleiros e o seu mar, Nartran é sinónimo de especialización, experiencia e garantía de calidade na tradución e na interpretación para os sectores marítimo, pesqueiro e naval.
Cunha longa e sólida traxectoria profesional dentro deste ámbito, o equipo de Nartran encóntrase formado, especializado e preparado para atender ás súas necesidades en calquera combinación lingüística.
Se o que busca é un servizo de tradución e interpretación profesional e de calidade, especializado nos sectores pesqueiro, marítimo e naval, non dubide en contactar con nós. A satisfacción e as opinións dos nosos clientes son o noso mellor aval.
Son licenciada en tradución e interpretación.
Especialiceime en tradución xurídico-económica e posúo o título de tradutor-intérprete xurado de inglés-castelán outorgado polo Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación do Goberno de España.
As traducións realizadas en NARTRAN son de todo tipo, desde textos económicos e xurídicos ata manuais técnicos e especializados, pasando por contratos, licitacións, actas, anuncios publicitarios, certificados, novelas, novas, conferencias, memorias anuais, informes e un longo etcétera.
Tamén pode pedir o seu orzamento por teléfono:
986 120 127 | 699 590 270 | ou email : emg@nartran.com
A tradución (tradución xurada ou sen xurar) consiste en comprender o significado dun texto nun idioma, chamado texto orixe ou «texto de saída», para producir un texto con significado equivalente, en outro idioma, chamado texto traducido ou «texto meta».
Traducións certificadas de documentos oficiais realizadas por un tradutor-intérprete xurado autorizado pola Xunta de Galicia.
Saber máisTraducións de informes, artigos xornalísticos, unha carta ou mesmo unha páxina web.
Saber máisTraducións legais de contratos, especificacións, estatutos ou convenios.
Saber máisTraducións de manuais, instrucións, guías, patentes, fichas, catálogos, documentación ou informes técnicos.
Saber máisTraducións de coñecementos de embarque, contratos de fretamento, especificacións de buques ou cartas de transporte.
Saber máisTradución de páxinas web persoais, corporativas, empresariais ou institucionais e manexo de linguaxes de programación web.
Saber máisTradución do contido dun programa ou sitio web informático e adaptación do mesmo a un mercado lingüístico e cultural específico.
Saber máis
A interpretación é unha tradución oral na que o intérprete dá a coñecer a información que o orador está a producir nunha linguaxe diferente á dos oíntes. A interpretación utilízase en conferencias, congresos, reunións, actos, xuízos, etc.
Entre os distintos tipos de interpretación destacan os seguintes:
O intérprete traduce o discurso desde unha cabina segundo o escoita, de modo que o público asistente poida seguir o contido da intervención simultaneamente grazas a uns cascos.
Saber máisTamén coñecida como ISR, tradución simultánea remota, interpretación offsite ou interpretación a distancia.
Saber máisO intérprete toma notas durante a intervención do orador e traduce o discurso por partes nos descansos que realiza o falante.
Saber máisServizo de interpretación oficial no que o intérprete xurado, acreditado pola Xunta de Galicia, realiza o seu traballo en diversos contextos para garantir os dereitos da persoa estranxeira.
Saber máisO intérprete acompaña ó cliente a eventos como feiras, eventos culturais, visitas guiadas ou fábricas e traduce as intervencións dos falantes xusto despois de que se produzan.
Saber máisNa modalidade «chuchotage», o intérprete traduce o discurso do falante e transmíteo ó receptor en voz baixa mediante «murmurios» ó oído deste último.
Saber máisInterpretación especializada para empresas dos sectores marítimo, pesqueiro e naval. O mellor servizo para reunións, negociacións e congresos do sector.
Saber máisAdemais, NARTRAN conta coa colaboración dun equipo de grandes profesionais, todos eles licenciados en tradución e interpretación de linguas e xurados, que se especializaron en diferentes campos e idiomas, o que garante a calidade de tódalas nosas traducións.
A axencia de tradución atópase en Vigo, pero prestamos os nosos servizos de tradución e intepretación de español, galego, inglés, francés, italiano, ruso e outros idiomas en cualqueira lugar de Galiza e España.
Non dubide en poñerse en contacto connosco a través dos nosos teléfonos, email ou formulario ou do noso formulario na páxina de contacto:
986 120 127
699 590 270
emg@nartran.com