En Nartran Translations contamos cun grande equipo de profesionais e estamos especializados en tradución, interpretación e na prestación de servizos lingüísticos para particulares e empresas.

Pida o seu orzamento sen compromiso:

986 120 127
699 590 270
emg@nartran.com

Servizos de tradución

A tradución (tradución xurada ou sen xurar) consiste en comprender o significado dun texto nun idioma, chamado texto orixen ou «texto de salida», para producir un texto con significado equivalente, en outro idioma, chamado texto traducido ou «texto meta».

 

Esta actividade é levada a cabo por un tradutor ou tradutor xurado. O resultado desta actividade, o texto traducido, tamén se denomina tradución.

 

Existen diferentes tipos de traducións:

 

Tipos de traducións

Tradución xurada

Unha tradución xurada é aquela realizada por un tradutor que posúe o título de tradutor-intérprete xurado outorgado pola Xunta de Galicia.

 

A tradución debe estar selada e firmada polo tradutor xurado e este debe certificar que a tradución é fiel ó orixinal. Normalmente trátase de expedientes académicos, programas de materias, contratos, certificados de matrimonio ou divorcio, facturas, pasaportes, etc.

Tradutor xurado inglés en Vigo (Galiza)
Tradutor xurado francés en Vigo (Galiza)
Tradutor xurado outros idiomas en Vigo (Galiza)

Tradución xeral

Se precisa a tradución dun informe, artigo xornalístico, unha carta ou mesmo unha páxina web, podemos proporcionarlle un servizo de tradución adaptado ás súas necesidades. Tamén traducimos correos electrónicos e outros documentos dentro da actividade propia da empresa.

Tradución xurídico-económica

Trátase dunha tradución de temática legal ou económico-financieira.

 

As traducións xurídicas adoitan ser contratos, pregos de condicións, estatutos sociais, convenios, escrituras, informes, licitacións, demandas, poderes notariais, pólizas de seguros, testamentos, licenzas, etc.

 

En canto ás traducións económicas, as principais serían memorias anuais, balances, contas de perdas e beneficios, plans de negocio, xuntas de accionistas, informes de contabilidade, análise de mercado, etc.

Tradución técnica

A tradución técnica caracterízase pola súa precisión e rigorosidade. Confíe en NARTRAN Translations para a tradución dos seus manuais, instrucións, guías, patentes, fichas, catálogos, documentación, informes técnicos, etc.

Tradución marítima

Grazas á privilexiada localización xeográfica de NARTRAN en Vigo (Galicia), cidade que alberga un dos principais portos pesqueiros do mundo, a tradución marítima é unha das nosas principais áreas de especialización.

 

Ó tratarse dun sector cun vocabulario moi específico, este tipo de traducións deberán ser realizadas por profesionais cualificados cun amplo coñecemento do sector marítimo, mariño e naval.

 

Solicite a tradución do seu coñecemento de embarque, contrato de fretamento, especificacións de buques, cartas de transporte, contrato de compra-venda, documentos aduaneiros e navais, entre outros.

Tradución de páxinas web

NARTRAN Translations ofrece servizos de tradución de páxinas web (sitios ou portais web) aos principais idiomas empregados en Internet ou a aquelas linguas nas que estea interesado o noso cliente. Non dubide en consultar a lapela «Clientes» para ver algunhas das web traducidas por NARTRAN.

 

As traducións están realizadas por tradutores especializados e expertos en diferentes linguaxes de programación web e inclúen páxinas web persoais, sitios web empresariais, xestores de contidos con bases de datos, portais sectoriais e grandes sitios web corporativos para establecer instrumentos que apoien a globalización e internacionalización das empresas.

 

Contamos coas ferramentas necesarias para traducir a súa páxina de maneira directa, mantendo o formato orixinal e proporcionándolle un produto listo para cargar no seu servidor unha vez recibido.

 

A tradución da páxina web axuda aos nosos clientes a exportar servizos e produtos, así como a dar a coñecer a súa empresa no estranxeiro, aumentando así o seu número de clientes potenciais.

 

Tamén ofrecemos servizos de redacción e tradución diaria dos contidos e información do seu blog, foro, páxina web, boletíns informativos, revistas dixitais, etc.

Localización

A localización é un concepto que abrangue a tradución do contido dun programa informático e a súa adaptación a un mercado concreto, tendo en conta as referencias culturais e semióticas do público de destino.

Servizos de interpretación
Contacto