Ante a necesidade de actualización constante e formación continua que experimentan tanto os profesionais da tradución e a interpretación, como os estudantes e outros sectores da poboación, deseñamos e programamos diferentes cursos xerais e especializados dirixidos a cumprir estes obxectivos.
Así, entre os nosos servizos de idiomas, tamén poderá atopar clases de idiomas para empresas e cursos especializados en diferentes campos e modalidades de tradución e interpretación.
Estes últimos estarán dispoñibles no prazo máis breve posible, xa que estamos a traballar no seu deseño para satisfacer as súas necesidades e cumprir as súas expectativas.
Recomendámoslle que visite regularmente a nosa sección de formación para non perder ningún dos nosos cursos.